Пікірлер
@xurxogarciafernandez4349
@xurxogarciafernandez4349 2 күн бұрын
Temos un goberno de sátrapas e arrecastados que se adica a deixar esmorecer o rural minguando e eliminando os servizos públicos necesarios para o desenvolvemento e supervivencia dos pobos, enchéndonos os montes de eólicos e eucaliptizando todo o territorio, pelexando por instalar no territorio multinacionais megacontaminantes, ademáis de lexislar en contra da lingua propia do país. Prostitúen maniquea e partidistamente a RTVG en toda a parrilla para lavarlle a cabeza ó pobo e seguir fornecendose de maioría absoluta tras maioría absoluta, cuns programas casposos e uns presentadores rancios e serviles. Fronte a iso temos "A debate no eirado", fantástico espazo de debate en lingua galega con xente nova que ten propostas de futuro e esperanza para o rural e maravillosamente conducido pola presentadora e que paradoxicamente conta con menos de 300 suscriptores na súa canle. Non o acabo de entender...algo cheira a podre, non en Dinamarca senon en San Caetano.
@javilopez7218
@javilopez7218 2 ай бұрын
Con esta xente nova da gusto❤❤❤❤❤❤