Рет қаралды 185
Aida Tarrío nace en 1997. Ela é cantareira, pandeireitera e bailadora. A súa formación artística ten a raíz nas súas avoas e agroma no Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme. Nas foliadas coñece ás irmás Olaia e Sabela Maneiro e con elas, en 2016, forma o grupo Tanxugueiras. Desde aquela revolucionan xuntas a música tradicional galega. Ben sexa no Benidorm Fest onde defenderon a súa candidatura a Eurovisión coa canción Terra. Ben sexa nos escenarios e torreiros das festas. Sentamos a falar con ela sobre as músicas de raíz, danza, feminismo e moito máis.