Рет қаралды 3,442
Cantiguiña feita sobre das terras de Lalín e Agolada que andiven de cativo, e na lembranza das noites de cantigas que lle botabamos na Taberna de Souto os mozos da contorna, e onde empezou o meu amor pola música tradicional galega e as cantigas tabernarias.
A MOZA, POLA TABERNA
Unha noite de inverno desas de tronada,
tentáronme as ganas de ir á Agolada.
Pra ver unha moza, inda mais feiticeira
ca rosa mais rubia de toda a roseira.
Cheguei ó Arnego, e brinquei polo rio,
e pasei Vilariño sen medo nin frio.
Empezou a chover e busquei un cuberto,
e pechei o paraugas que levaba aberto.
Alí adormiñaban un arado e un carro,
e arrimeime a unha roda pra liar un cigarro.
E buscando o tabaco pola chaqueta,
ouín o “tris-tris” dunha pandeireta.
Pois preto, moi preto, de onde a escoito,
está, onda a ponte, a taberna de Souto.
E alí van as xentes de Cadrón e o Castelo,
e doutras aldeas darredor do Farelo.
Así que, esquecéndome dos meus amores,
fun pra taberna, pronda os labradores.
Papar ovos fritos con migallas de millo,
e “mollar a palleta” cuns grolos de viño.
Que no hai mellor cousa, pra mentras te abrigas,
que botar cos amigos, un par de cantigas.
E comer e beber, ata quedar fartos,
anque ó longo da noite, quedemos sen cartos.
A Cantiguiña está inspirada nos primeiros versos dun poema de Antonio Noriega.
Enlace ó meu blogue:
joseiglesiasfe...
........
#musicatradicional #musicagallega #poesía #poesiagallega #culturagalega #youtubeiras #youtubeiros #lalin #deza #cantautores