Alalá nº 1 "Malvela" - TVG

  Рет қаралды 26,337

Alalá TVG

Alalá TVG

9 жыл бұрын

Alalá capítulo nº 1 - Malvela
Emitido: 14 de febrero de 2006
alala.crtvg.es
A idea central do programa Alalá é facer un programa cultural, adicado á música tradicional, que ó mesmo tempo chegue e guste a un amplo espectro de público, é dicir, que teña audiencia e aceptación.
Pensamos que para achegar a música tradicional ó publico da TVG sería unha boa estratexia contextualizar ós músicos no seu ambiente persoal, familiar, xeográfico ou laboral, para deste xeito facelos próximos ó espectador, que o espectador lles collera simpatía humana e dentro deste sentimento escoitara a música con empatía.
Para conseguir entrelazar a parte musical e a parte humana fíxose necesario non establecer un esquema ou escaleta ríxida do programa. Interpretar cada programa como un relato, un mundo diferente de tódolos outros programas, no que se utilizaran óptimamente as personalidades e características diferenciais de cada protagonista ou asociación. Buscar en cada caso o mellor punto de vista para enfocar á personaxe ou personaxes do programa.
Ésta intención de chegar ó público a través das emocións non é incompatible con ofrecer contidos de alto valor cultural polas súas compoñentes etnográficas e musicolóxicas. Deste xeito e dependendo do interese nos distintos ámbitos dos protagonistas dosificamos temáticas variadas que buscan non perder de vista os obxectivos iniciais de chegar a xente e ofrecer contidos de carácter cultural e divulgativo.
Empezamos cun grupo de mulleres que teñen a música tradicional no sangue. Son de Mos (Ou Porriño) e formaron un grupo que está a revolucionar a forma de entender a música tradicional en Galicia. Como estrea do programa Alalá presentamos a Malvela.
NOTAS DE UXÍA SOBRE MALVELA:
Ás veces, as aldeas perden a voz que lle é propia, os cantares que resoaban nos camiños, nas leiras, nos lavadoiros e nas casas.
Desde Sanguiñeda, Malvela é unha xanela aberta pola que saen limpos e frescos, eses cantos vellos e a forza natural destas mulleres empeñadas en non deixalos esmorecer, en encher de alegría este anaquiño de Mos que sempre precisou das súas voces e da súa presencia, porque só o pano non nos namora.
Con esta pretensión naceu o grupo Malvela, a partires dun cursiño de Cantos Populares que eu impartín organizado pola Asociación de Mulleres Rurais de Mos. Foi especial para min polo feito de recoñecer a todas e cada unha das caras que alí se congregaron, na aldea onde nacín. E sorprendinme das ganas de aprender, de divertirse, de sair da casa, de sentir a música popular sen complexos, asumíndoa e revalorizándoa. ¡Por fin podiamos escoitar fóra do ámbito doméstico esas fermosas voces.
E outra seiva nova que se foi sumando cando nos chamaron para cantar o día da Muller Traballadora de 1997. Atopamos no camiño a un talentoso músico, o noso acordeonista Juan Eiras, a gaita poderosa de Raquel Domínguez, a pandeireta e a voz de Ana Senlle, paciente e traballadora, que pouco a pouco foi asumindo tamén a dirección vocal do grupo e a transmisión de cantos que xa son parte esencial do repertorio. As tarrañolas, a voz e o cavaquiño de Viqui imprimíronlle personalidade. E, por suposto, o entusiasmo das incansables Malvela que pasaron moitas tardes da súa vida en ensaios e romarías, actuacións no noso Concello, no Porriño, en Vigo, en Ponteceso, en Arzúa… Todas elas co afán de transmitir o mellor de cada unha: A voz inconfundible da Sra. Carmen que apreciou e aplaudiu tanta xente, a dozura e a voz ben timbrada de Matilde, a simpatía de Silvina e os seus tréboles de catro follas, a enerxía contaxiosa de Fita, a sabiduría popular de Clara, herdada da súa nai Dorinda, e transmitida a súa optimista filla Carmiña, os aires portugueses e pícaros de Carmen de Isaías, a serenidade e elegancia de Isolina, os aturuxos e a imponente presencia de Maruxa de Ramilo, o sorriso e a alegría de Aurita, a sensibilidade de Dina, a preciosa inocencia de Teresa do Piñeiro, o dinamismo de Merchi, o terremoto do Amieirolongo. A mestra Julia, sempre xenerosa e conciliadora, a voz con carácter de Adela. E unha Malvela que non sube ós escenarios pero que sentimos parte do grupo, Camila.
Uxía Senlle.

Пікірлер: 6
@istvanhorvath5856
@istvanhorvath5856 7 жыл бұрын
Escuchar bien! Especialmente la parte 15! ¡Gracias a todos los participantes que podía escuchar esta maravillosa música. El personal encantador de buen corazón la gente! Saludos de Budapest: Esteban! :)
@eduardogarciagonzalez3914
@eduardogarciagonzalez3914 8 жыл бұрын
Sabiendo los de Vilagarcía lo que representa el canto para los nativos de Vilaxoán, no sé cómo no organizan un coro como ésos que "andan por ahí", para poder competir con ellos y dejarlos mudos. Mi pasión hacia esa tierra me ciega, pero os aseguro que el éxito estaba asegurado. Y luego vendrían los viajes a Centros gallegos de toda Europa y América y sería una delicia escucharlos. A ver si alguien lee estas letras y se cumple esta profecía. ¡Sobran voces! Un director y coro. ¡Adiante! EGG/852016
@isabelcampana5796
@isabelcampana5796 3 жыл бұрын
Marabillosas mulleres galegas. Que forza e alegría! Que envexa!
@monicabsanchez6606
@monicabsanchez6606 Жыл бұрын
Excelente música 👍
@adrianlopez-vp1wf
@adrianlopez-vp1wf 7 жыл бұрын
que e das malvela non se saben nada de elas extrañanseeeeeee
@AlalaTVG
@AlalaTVG 9 жыл бұрын
Alalá nº 2 "Treixadura" - TVG
25:26
Alalá TVG
Рет қаралды 24 М.
Alalá nº 218 "Carboeiro" - TVG
1:30:47
Alalá TVG
Рет қаралды 9 М.
Homemade Professional Spy Trick To Unlock A Phone 🔍
00:55
Crafty Champions
Рет қаралды 62 МЛН
Я нашел кто меня пранкует!
00:51
Аришнев
Рет қаралды 2,1 МЛН
Haha😂 Power💪 #trending #funny #viral #shorts
00:18
Reaction Station TV
Рет қаралды 15 МЛН
Galicia no mundo - A lingua galega
7:24
politicalinguistica
Рет қаралды 8 М.
Cantigas de Queimadelos
3:47
Malvela - Topic
Рет қаралды 928
O CANTAR DE MICAELA
3:15
SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA SAGA
Рет қаралды 371
Malvela, a voz das mulleres galegas
33:24
Alberto Doeso
Рет қаралды 275
Alalá nº 16 "Pandereteiras de Barro de Arén" - TVG
26:59
Alalá TVG
Рет қаралды 11 М.
Actuación Dúo Fusión en la TPA
9:22
luisin49
Рет қаралды 124 М.
Alalá nº 5 "Rosa de Moscoso" - TVG
25:48
Alalá TVG
Рет қаралды 24 М.
Jota y Muñeira
4:51
Centro Gallego
Рет қаралды 238 М.
Alalá nº 51 Musicas completas de "Os Rosales" - TVG
33:55
Alalá TVG
Рет қаралды 167 М.
Malvela: "Pirimpimpín"
2:12
enserie
Рет қаралды 4,7 М.