Рет қаралды 61,788
MÚSICAS COMPLETAS DE "OS CARUNCHOS" PARA ALALÁ 78
Da web dos Carunchos:
oscarunchos.blo...
"Nace o grupo a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país.
Gaita solista, percusións varias, polifonía nas voces e o acompañamento da zanfona, xunto con vellas e novas cantigas tan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira festa chea de forza e diversión.
No ano 1998 gravamos o noso primeiro CD que leva por nome ¡Ala, que vai!, editado por Edicións do Cumio. Neste traballo facemos un resumo dos nosos primeiros catro anos de vida gravando nel cantigas e melodías de nova composición, mesturados e os máis antigos romances ou pezas populares.
Pasan catro anos e no 2002 gravamos o noso segundo traballo chamado Sen tempo non era, editado por Zouma Records. Incluímos novos instrumentos no son do grupo, como o óboe, a frauta traveseira e maila requinta, e seguimos a empregar letras de autor e compoñendo algunhas das nosas melodías.
Desta maneira chegamos ó 2005, e pasado o décimo aniversario, celebrámolo gravando o terceiro disco Montealegre, no que aparecen novos instrumentos e temas tanto tradicionais como de diversos compositores da nosa terra.
Os Carunchos acabamos de editar o noso cuarto traballo, da man de PAI Música, titulado "En Galego"
Ver programa Alalá 78 "Os Carunchos" na sección "Máis a carta" da Web da crtvg.es
85.91.64.21/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=21:37:20&fecha=19/05/2008&arquivo=1&programa=ALAL%C1&id_programa=7&corte=0&mp4=0&medio=