Рет қаралды 1,592
Á SEÑORA MARÍA…
Dician que era a tola da aldea… os seus veciños eran quen o dician!!
O mal de moitos é non mirarse no espello.
Vivia sola, con dúas vacas e catro ou cinco ovelliñas.
Me parece que nunca a mirei comer outra cousa que non fora pan.
Erguíase cedo, e en canto facía as súas cousas, levaba o seu gando pro mesmo prado de sempre.
Sentábase a carón do valado, e alí botaba o día xunto cos seus dous cans, o seu gando, e unha vara que semellaba ser a súa prolongación do brazo, xa que nona soltaba nunca.
Falaba seguido… moi baixiño. De vez en cando tatareaba algo que nunca entendín. Non falaba con ninguén, pero para o taberneiro e pra min, sempre tiña un sorriso. Sempre lle levabamos algo conque mover a boca, e sabía agradecelo.
Fai uns días, sentada ó pe do valado, foise.
Atopouna un veciño, sentada no recuncho onde sempre se sentaba. Coa cabeza ladeada e a vara na súa mau, cos dous fieles cans ó seu lado.
Foise en silencio, e sola… igual que vivíu.
Pero seguro que foi feliz á súa maneira, e mereceu ese final tranquilo e sereo.
Adeus Señora María. Lembrareime de vostede sempre. E a miña vindeira cantiga, vai ser para vostede. .
Prométolle que vai ser así.
E titulareina, por que non… “Ao pé do valado”
Ese valado que foi a súa segunda casa, e dende o que lle dixo ós seus veciños, eses que dician que vostede estaba tola… ADEUS!!
Que a terra lle sexa leve.
.............................
ENLACE Ó MEU BLOGUE:
joseiglesiasfe......
CANCELOS
#Músicosgallegos #MúsicaGallega #Galeguistaspolaautonomía #LucianodeMonfadal
#Poemasdeautoresgalegos #Musicaaesgalla #ecosdacomarca
#Musicatradicionalgallega #Afalagalega #poesíagalegaceibe
#xentequeamagalicia #PoesíaGalega #poesía #culturagalega #cantautores