Рет қаралды 1,871
Pesdelá presenta 3 audioviuais con cadanseu baile do Camiño de Santiago, en concreto da ruta do Camiño Vasco Interior: o txulalai, o galandún e a Carballesa.
Cada audiovisual ten dúas partes: na primeira, Mercedes Prieto e Montse Rivera presentan o baile e apréndennos a executar os pasos que o forman. Na segunda, os membros de Pesdelán, xunto cun grupo de bailadores, interpretan o baile ao ritmo da música que executan Rubén Montes, Roberto Grandal, Belém Tajes e Xiao Berlai.
O proxecto quere contribuír a amosar a riqueza cultural do Camiño e a divulgar o seu patrimonio inmaterial.
Iniciativa realizada por Montserrat Rivera Crespo ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.