Рет қаралды 1,455
Ano 2022. Volvemos a Buserana, o lugar no que se desenvolve a acción de “Os pobres si que choran”. Agustín e a súa filla Leti parece que continúan igual pero hai cambios e a clave de todo está nun novo personaxe: o doutor Máximo Facal.
Con Cristina García, Xusto López Carril e o debut de Kiko Novoa. O narrador é Carlos Jiménez.
“Os pobres si que choran” foi unha radionovela que se emitiu na Radio Galega entre os anos 2003 e 2005. Agora regresa en formato podcast en radiogalegapodcast.gal
Este capítulo especial foi interpretado en directo no programa Galicia por Diante o 17/06/2022