Cocorico ( conto en galego ) e canción de Almudena Janeiro

  Рет қаралды 40,156

Contacontos en galego

Contacontos en galego

Күн бұрын

Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día que Mamá Galiña vai facer biscoito, o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda. Mais, unha vez pasado o perigo, esquece o trato e come o biscoito enteiro.
Adaptación dun conto tradicional birmano que fala da necesidade de escoitar os bos consellos, do importante que é cumprir as promesas e da dificultade que supón aprender a compartir.
Autora: Núñez, Marisa
Ilustradora:Bansch, Helga,
editora:OQO editora
Idioma:Galego
Publicado:Pontevedra OQO 2014
música orixinal de Almudena Janeiro
Loutado e producido por Patty castro para contacontos en galego en Xuño de 2021
Axuda en masterización de voces por Aarón silva , Mister Myr.

Пікірлер