De botar uns contos a escribir o teu con IRIA ALDEGUNDE e SICA ROMERO | O Faiado Podcast 2x09

  Рет қаралды 238

O Faiado Podcast

O Faiado Podcast

Күн бұрын

Hai persoas que levan sen ler un libro desde o Regreso ó Mundo da Fantasía de Gerónimo Stilton. Algunhas, en cambio, desenvolveron un gran amor pola lectura que comezou con A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza e que se consolidou, por moito que o neguedes, con Buenos días princesa de Blue Jeans. A outras apixóalles tanto a literatura que decidiron ligarse profesionalmente a ela, xa sexa escribindo ou ilustrando. Este é o caso de Sica Romero, autora de Avelaíñas Eléctricas, e Iria Algegunde, creadora da versión cómic de Memorias dun Neno Labrego. Estas dúas referentes da cultura pop galega no ámbito literario soben ó Faiado para resolver moitas incógnitas relacionadas coa lectura. Por que non se le? Como se pode comezar neste mundo? Isto e moitas cousas máis no penúltimo episodio desta temporada!
🔔 Fai clic na campá para non perderte ningún episodio! 🔔
Podes seguirnos en redes sociais!
➭ Instagram • @faiadopodcast
➭ TikTok • @faiadopodcast
➭ Spotify • O Faiado Podcast
#youtubeiras
・・・・・
Quen somos?
Este Faiado non é o que se atopa na parte máis alta das vosas casas, non. Para subir ao noso faiado, só hai que escoitar todas as conversas que gardamos con moita ilusión para vós. Unha vez dentro, atoparedes o último dos podcasts galegos (e en galego).
Pero, de que imos falar no Faiado? Os temas van ir cambiando en cada episodio, porque aquí somos fans do caos que, ademais, caracteriza aos faiados (quizais cun chisco máis de orde, esperemos).
Maioritariamente, serán cuestións relacionadas coa cultura pop, a cultura galega e outras de índole social, que pasan máis desapercibidas nos medios de comunicación. Contaremos con persoas convidadas para crear un espazo no que debater, reflexionar e, por suposto, botar unhas boas risas.

Пікірлер: 1
@Alberguay
@Alberguay 3 ай бұрын
💯
The Joker wanted to stand at the front, but unexpectedly was beaten up by Officer Rabbit
00:12
Cómo Morir Tarde y Joven - Marcos Vázquez | Lo Que Tú Digas 400
2:02:41
Neptuno en fin de ciclo
1:01:03
Gonzalo Arguello - Astrología con el Cuerpo
Рет қаралды 3 М.