Рет қаралды 170
Parte do espectáculo pirotécnico itinerante “Cavaltheos”, de Produccions Scura. Realizado en Catoira o 16/12/2022
Cinco compañías procedentes de distintas comunidades autónomas trouxeron a Catoira os seus espectáculos a fin de semana do 16/17 de decembro de 2022. Esta programación levouse a cabo ao abeiro do Proyecto Senda, unha iniciativa estatal para levar as artes de rúa ás poboacións de menos de cinco mil habitantes.
Trátase dun programa xestionado por PATEA (Artes de Calle Asociadas), en Galicia pola compañía Troula, que pretende desenvolver un circuíto de artes escénicas na rúa e achegalo a localidades rurais. Para iso contan co apoio do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y la Música (INAEM) do Ministerio de Cultura e do propio Concello de Catoira.