Рет қаралды 8
Lourenzá acollerá do 4 ao 6 de setembro un curso de verán sobre Francisco Fernández del Riego na cultura galega do século XX. Terá unha duración de 17 horas e a matrícula está aberta ata o 24 de agosto. Estará dirixido por Henrique Monteagudo, filólogo e membro da RAG.
Espazo realizado coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo para contribuír a difusión da figura e da obra de Fernández del Riego no ano en que se lle dedican as Letras Galegas.