Obradoiro “A pandeireta nos seráns de Aboal (Mondariz)” por Xandre Outeiro. OSDA 2023

  Рет қаралды 443

AGG

AGG

Күн бұрын

Obradoiro “A pandeireta nos seráns de Aboal”, inscrito dentro das III Xornadas O Serán desta Aldea organizadas pola AGG, o Concello de Mondariz e a Asociación Castromao de Mondariz o 29 e 31 de outubro de 2023.
Obradoiro no que se abordan as execucións dos principais ritmos na pandeireta do lugar de Aboal, conforme se ten recollido nas gravacións de arquivo realizadas nos últimos anos. Dende as denominacións dos propios ritmos ás estruturas básicas para a xota e a ribeirana, atendendo especialmente á súa concordancia coas estruturas do baile solto. Para elo, aprenderemos algunhas das melodías máis senlleiras e representativas do lugar: xota, ribeirana e diferentes agarrados. O obxectivo é levarmos unha idea xeral de como é o tocar na pandeireta, xunto coas melodías que en Aboal se empregan para o serán.
Xandre Outeiro é autodidacta dende neno na pandeireta, canto e baile tradicional, ten formado parte do corpo de baile e pandeireteir@s en agrupacións como Gandaina (Pontevedra) e O Fiadeiro (Vigo). Foi un dos compoñentes dende o comezo do grupo de pandereteiros “O Tear de Llerena” (xunto con Guillerme Ignacio, Marcelo do Bode e Xito Outeiro), cos que comeza a traballar no eido das recolleitas de campo e a investigación na música e baile tradicional. Dende 2003 vén impartindo aulas de contidos relacionados en distintas asociacións e colectivos, labor que compaxina con outros traballos de compilación, investigación e publicacións (como o libro-CD “Manüele... de pandeireta e canto tradicional”). Alén diso, é membro fundador da Asociación Cultural Trépia (Pontevedra), e director do proxecto escénico “Projecto Trépia” (2008-2010), e máis recentemente do grupo “Suán”, nos cales se explora a fusión da música tradicional con sonoridades electrónicas e experimentais.
Dun xeito paralelo, formouse como zanfonista na antiga Universidade Popular de Vigo (hoxe E-trad), con Anxo Pintos; e nos últimos anos tamén ten exercido a docencia deste instrumento. Ademais, formou parte do dúo de zanfona “A Máquina de Meter Medo”, con Cayetano Amenábar.
Actualmente, compaxina a actividade docente de pandeireta, canto, baile tradicional e zanfona en distintas asociacións- especialmente na contorna da Terra de Montes-, coa investigación e análise de arquivos de recolleita, sen abandonar a vía creativa e experimental en diferentes proxectos.

Пікірлер
Леон киллер и Оля Полякова 😹
00:42
Канал Смеха
Рет қаралды 4,7 МЛН
It works #beatbox #tiktok
00:34
BeatboxJCOP
Рет қаралды 41 МЛН
Mazurca de Luneda
1:46
Leni Pérez
Рет қаралды 1,8 М.
RABELADA NOVENTA Y CINCO
29:24
javilabrax
Рет қаралды 25
Serene Snowfall & Nostalgic Oldies in NYC
1:18:34
Your Vintage Lane
Рет қаралды 25
Dous pasos de Aboal
2:03
Ardentía - Topic
Рет қаралды 134
Леон киллер и Оля Полякова 😹
00:42
Канал Смеха
Рет қаралды 4,7 МЛН