Рет қаралды 3,642
Videoclipe Oficial de "Poesía falada" o novo sinxelo do artista galego Habló Pablo. Charli De Cora interpreta o piano unha composición da canción nº6 de Federico Mompou. O Videoclipe foi gravado e montado por Llum A. González.
Spotify
open.spotify.com/artist/78scO...
Ségueo aquí
/ hablopablo_oficial
/ hablopablo_oficial
Letra:
Escribo no idioma do meu pai
Tamén o meu
Gustaríame falalo máis, debería.
Porque é o idioma no que él me dicía: "meu neno"
Acariciándome o pelo
Ou "durme pequeno" cando tiña medo
Cando sopra o vento
Susúrrame un segredo
Que me leva a agardar inquedo
Outra vez a saída do colexio
E o sabor doce da merenda nos meus beizos
Co aderezo das cores das imaxes que vexo
Naquela pequena pantalla
Que coma o druída no seu caldeiro
Reflicte os meus soños
A través daquel ser mitolóxico
Para tantas xeracións de nenos
O Xabarín
Que nos ensinou
Que unha onda vital
Non resona igual
Se non o fai en galego
Habló Pablo