No video

Laudatio de Santiago Lamas por Patricia Arias, Premio Trasalba 2024

  Рет қаралды 46

Fundación Otero Pedrayo

Fundación Otero Pedrayo

Күн бұрын

Patricia Arias, secretaria da Fundación Otero Pedrayo, foi a encargada de ler a laudatio durante o Premio Trasalba 2024 que Santiago Lamas lle escribiu a Maribel Outeiriño.
____________________
O 30 de xuño de 2024 foi un día cheo de emocións por todo o bonito que vivimos na casa de don Ramón Otero Pedrayo entregando o Premio Trasalba 🥰
A mañá comezaba coa reunión do padroado da Fundación Otero Pedrayo, mentres a banda de gaitas de Amoeiro amenizaba a chegada de todos os asistentes ao evento 😊
Ás 12:00, o presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira, deu comezo ao acto de entrega do premio cunhas boas palabras para a homenaxeada deste ano, Maribel Outeiriño 👏
Tras esto, tiña lugar a intervención de Christian Switek: "A novela de Rosalía de Castro vista por Otero Pedrayo dende a perspectiva dun tradutor alemán" 📌
Queremos destacar que Christian está ademáis traballando na tradución da obra de don Ramón ao alemán, o cal nos enche de emoción e ledicia. Estamos desexando velo rematado! 😍
Despois da intervención do tradutor, Emilio Rúa recibiu o micrófono para cantarnos dous temas que deixaron ao auditorio encantado pola súa sensibilidade. É sempre un gusto escoitar música en directo, e máis cando as cancións interpretadas son obras de don Ramón musicadas 🥰👏
Comeza o homenaxe a Maribel Outeiriño con Patricia Arias lendo a "laudatio" que Santiago Lamas lle escribiu á homenaxeada. Santiago non puido acudir ao evento, pero Patricia transmitiunos todas as fermosas emocións que Santiago quixo que sentísemos ao escoitar as súas palabras. Foi unha forma de coñecer un pouquiño máis a Maribel ☺️
Susana Reboreda foi a encargada de presentar o libro "Maribel Outeiriño, unha fada céltica". É unha fotobiografía que recolle a vida de Maribel en imaxes, entrevistas e palabras de amigos e familiares que a describen entre as súas páxinas 📚
Grazas, unha vez máis, a todos os que colaborastes neste libro 😊
Tras unha nova actuación de Emilio Rúa, Luís Davila, Premio Trasalba 2023, recibiu o álbum de fotografías que cada ano entregamos ao homenaxeado anterior 👏
E, por fin, Maribel recibe o "Ramonciño", a estatuíña de Otero Pedrayo que representa o Premio Trasalba cada ano. Foi Miguel Ángel Santalices quen lle fixo entrega do mesmo 👏☺️
Maribel tamén recibiu un exemplar da súa fotobiografía asinada por todos os membros do padroado da Fundación Otero Pedrayo, da que ela mesma forma parte 🥰
E, como cada ano, a xornada rematou cunha comida de amizade no souto de don Ramón 😄
Moitas grazas a todos os asistentes e a todas as autoridades que fixeron que este premio fose posible.

Пікірлер
Maribel Outeiriño recibe o Premio Trasalba 2024
20:32
Fundación Otero Pedrayo
Рет қаралды 23
Pedra da poesía - II Premio Podcast Ramón Otero Pedrayo 2024
37:20
Fundación Otero Pedrayo
Рет қаралды 55
Фейковый воришка 😂
00:51
КАРЕНА МАКАРЕНА
Рет қаралды 5 МЛН
What will he say ? 😱 #smarthome #cleaning #homecleaning #gadgets
01:00
Whoa
01:00
Justin Flom
Рет қаралды 54 МЛН
Warren Buffett: los 7 hábitos que lo hicieron rico
11:18
Desarrollo Personal y Mental
Рет қаралды 32
Christian Switek no Premio Trasalba 2024
9:30
Fundación Otero Pedrayo
Рет қаралды 21
Experiencias transformadoras en Formación Profesional
12:08
AlimentAcción Red Educativa
Рет қаралды 5
Ceremonia de Inauguración - Festival iFACES 2024
19:17
Festival iFACES
Рет қаралды 17
Actuación de Emilio Rúa no Premio Trasalba 2024
4:40
Fundación Otero Pedrayo
Рет қаралды 70
Cousas miñas - III Premio Podcast Ramón Otero Pedrayo 2024
21:25
Fundación Otero Pedrayo
Рет қаралды 15
Фейковый воришка 😂
00:51
КАРЕНА МАКАРЕНА
Рет қаралды 5 МЛН