Muiñeira Vella ou Ribeirana de Limiñoa, Ponteceso - Pandereteiras e danzantes de Limiñoa

  Рет қаралды 7,759

ESTREMONIAS

ESTREMONIAS

Күн бұрын

Programa da TVG - Alalá nº 84 Músicas completas. Data de emisión: 19/12/2013.
• Alalá nº 84 Músicas Co...
A muiñeira vella, chamada tamén ribeirana, é a modalidade máis antiga de muiñeira. Conservouse e foi recollida na franxa costeira norocidental galega, maiormente nos concellos de Cabana, Ponteceso, Laxe, Zas e Malpica. Nestas zonas chámaselle simplemente muiñeira, pasando a máis moderna e estendida "muiñeira nova" a recibir o nome de punteada.
CARACTERÍSTICAS.
O acompañamento musical faise sempre con canto (coplas) e pandeiretas. As pandeireteiras tocan co puño, motivo polo que tamén recibe o nome de muiñeira empuñada, distinguido así o seu toque do xeito máis moderno de tocar, a muiñeira riscada.
A forma máis recollida do baile é aquel no que bailaba un só grupo con dúas parellas, existindo constancia de tres nalgún lugar. Nos casos en que bailaba máis dun grupo, facía cadanseu baile independente. Existen tamén variantes nas que un só home bailaba con dúas ou máis mulleres.
A principal diferenza coa muiñeira nova, é que nesta os homes bailan entre si os puntos sen que as mulleres os imiten. Limítanse estas a realizar uns pequenos pasos polo baixo debuxando unha roda ou un oito, sen levantar os brazos e coa ollada no chan. Asemade, neste baile son as pandeiretas as que fan coincidir os seus toques coas evolucións dos bailadores e non ao contrario.
RECUPERACIÓN.
A muiñeira vella foi recuperada grazas o traballo dos mozos das vilas e cidades que, desde os anos oitenta, comezaron a facer recollidas de material etnográfico no rural galego. Nese tempo xa case non quedaban vellos que a tivesen bailado, sendo reconstruída principalmente a partir de testemuñas visuais. A área de recuperación coincide, grosso modo, coa chamada Costa da Morte, aínda que existen recollas tamén nas comarcas de Santiago e do Xallas. O xeito de tocar, a empuñada, conservouse en moitas máis zonas do país, sendo probabelmente o modo máis antigo de tocar a pandeireta.
Diversas testemuñas de informantes, sobre todo na area bergantiñá, indican que antigamente era este o único tipo de muiñeira existente. Por este motivo, algúns dos estudosos do folclore se inclinan a considerar a muiñeira nova unha evolución da vella. Porén, outros ven precipitada esta hipótese.
O tipo de muiñeira vella que mellor se conservou foi a regueifa. Unha danza nupcial tradicional que bailaban os propios noivos (ou os padriños) para celebraren a súa unión.

Пікірлер: 1
Players vs Corner Flags 🤯
00:28
LE FOOT EN VIDÉO
Рет қаралды 81 МЛН
РОДИТЕЛИ НА ШКОЛЬНОМ ПРАЗДНИКЕ
01:00
SIDELNIKOVVV
Рет қаралды 3 МЛН
Incredible: Teacher builds airplane to teach kids behavior! #shorts
00:32
Fabiosa Stories
Рет қаралды 11 МЛН
PAN.SEN.FRON - Muiñeira Vella
8:18
Pandeireteiras Sen Fronteiros
Рет қаралды 11 М.
Alalá nº 84 "Pandereteiras de Limiñoa"- TVG
33:45
Alalá TVG
Рет қаралды 7 М.
ETRADCOVID19. Explicación Bigrama Muiñeira empuñada do sur de Galicia
7:32
ETRADVIGO Escola municipal de Vigo de música folk
Рет қаралды 6 М.
04. Historia da compilación musical nos grupos folclóricos [Axudádeme a cantar]
11:24
Consello da Cultura Galega
Рет қаралды 2,4 М.
Alalá nº 23 "Maruxa das Cortellas" - TVG
29:47
Alalá TVG
Рет қаралды 16 М.
Galician folk: Muiñeira vella & Xota de Muíño (Zas)
9:03
Folk Dances Around the World
Рет қаралды 8 М.
Agarrada,jota e punteada de Limiñoa
5:00
RAMIRO MACEIRAS
Рет қаралды 524
Arredores  ''Muiñeira Vella''
3:35
Río Gillón
Рет қаралды 180
Players vs Corner Flags 🤯
00:28
LE FOOT EN VIDÉO
Рет қаралды 81 МЛН