Рет қаралды 129
Neste curso, o alumnado de 4º de ED. Primaria do centro, participa nun proxecto piloto que leva por nome: "Cóntame un conto". Pero a pesares de que será este nivel educativo o que faga o traballo de recollida, edición e publicación destes traballos, haberá contos orais e historias do maís impresionantes para todos os discentes do centro.
A actividade está promovida polo Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego e a Fundación Fraguas. O obxectivo deste programa é fundamentalmente promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral, así como a recollida de contos tradicionais galegos contados polos nosos maiores. Máis info en aquí:
museodopobo.gal....
Tamén queremos sumar este traballo á iniciativa promovida por PONTE NAS ONDAS no Día Mundial da Radio. Para o que achegamos tamén un podcast cun programa especial adicado a estes contos tradicionais.