Рет қаралды 114
Gañadora do CERTAME "NÓS TAMÉN CREAMOS" na categoría de 1ºCICLO.
O detonante para realizala foi a convocatoria do certame pero gañouse moito máis no camiño.
Traballamos durante meses con moito entusiasmo e adquirimos aprendizaxes que perduraran no alumnado e profesorado máis tempo que o premio:
Creación dunha curtametraxe de animación coa técnica do STOP-MOTION.
Valorar a literatura e as persoas que interveñen nela.
Comprender a transición da linguaxe escrita á musical e audiovisual.
Desenvolver a visión plástica, creación de personaxes, análise do movemento, escenografía e música.
Recoñecer e crear un guión gráfico, análise dos tempos-escena-planos e a relación entre o tempo-movemento e fotograma.
Compartimos tamén o COMO SE FIXO... que é a fiel testemuña desta aventura!