Рет қаралды 113
Mesa redonda intersectorial sobre o emprego de madeiras galegas na construción de instrumentos musicais.
Montserrat Rodríguez Ogea, directora de innovación da Axencia Galega da Industria Forestal - XERA
Francisco Pedras Saavedra, técnico titular do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia - CIS-Madeira
José Catoira, artesán
Música no Claustro convoca o 4 de agosto de 2022 a segunda edición do foro profesional de instrumentos musicais Resonancias na Catedral de Tui, co apoio da Xunta de Galicia, a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia.
Dende unha perspectiva patrimonial e intersectorial, RESONANCIAS 22 dá continuidade a temas tratados na anterior edición, como a investigación, restauración e conservación preventiva dos instrumentos musicais históricos, xunto ao desenvolvemento e innovación nas técnicas e materiais de construción. En paralelo, RESONANCIAS 22 formula novos temas de debate e reflexión que nacen das oportunidades na simbiose do tecido profesional musical e artesán, na igualdade de xénero nos obradoiros de construción de instrumentos musicais ou na certificación e regularización da formación e profesionalización dos oficios artesanais. Un programa comisariado polo músico e investigador Samuel Diz.
Emisión e contido dixital financiado pola Unión Europea - Next Generation EU, a través do INAEM do Ministerio de Cultura e Deporte, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.