Рет қаралды 36
Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día previo ao partido contra o Porriño Industrial, correspondente á xornada 23 de Liga, que se xogará no Municipal do Lourambal 2 (16.30 h; Domingo): “Porriño é un rival que da tempada pasada a esta experimentou un gran progreso. Ao finalizar o partido que xogamos en Oira comenteillo ao seu adestrador, mais é un equipo que para min é un pracer enfrontarse a elas porque ten un tipo de xogo no que xogan ao fútbol, fan propostas, intentan facer cousas, están moi ben ordenadas, nótase que hai unha proposta táctica detrás".