Рет қаралды 236,589
Noticia emitida no Galicia Noticias Mediodía de TVG o martes 16/2/16. O home, veciño de Ordes, estaba desorientado, pero os seus berros alertaron uns veciños que avisaron finalmente a Policía Local, que conseguiu liberalo. A choiva e o frío non foi o principal problema dun veciño de Ordes que decidiu desfrutar dunha noite de ocio en varios locais moi coñecidos na zona. Tras saír do local outro home deixouno a un quilómetro en dirección contraria á súa casa, na parroquia ordense de Leira. Algo desorientado e sufrindo as temperaturas xélidas da noite decidiu refuxiarse nunha vivenda, pero ao arrimarse ao lavadoiro caeu dentro. O home quedou encaixado e non era capaz de usar o teléfono móbil. Os seus berros foron escoitados polos residentes na casa que avisaron a Policía Local. No lugar apareceu unha patrulla da Policía Local de Ordes que conseguiu sacar, finalmente, o home da súa singular trampa. Estaba ben e un taxi devolveuno ao seu domicilio. Os axentes salientaron o humor co que o protagonista tomou o desenlace da aventura, que por unha vez tivo final feliz.