Рет қаралды 666,465
MOZO
Sei que hoxe é un día moi importante para vós. por iso, quero contarvos o que me pasou a semana pasada.
PERRUQUEIRO
Que? Como van as cousas?
MOZO
pois non sei que dicirche…
Parece que… temos o optimismo sen adestrar.
… A vida debería de vir cun manual de instrucións.
CLIENTES
Bos días!
PERRUQUEIRO
Pois aquí tes a catro auténticos filósofos da vida.
CLIENTE 3
Home… o noso ten máis de vida que de filosofía.
PERRUQUEIRO
Nin máis nin menos que os maridos das “Se chove, que chova!”.
CLIENTE 2
Somos famosos con sorte.
CLIENTE 1
Con sorte de ter as mulleres que temos.
CLIENTE 2
Que? De baixonazo?
CLIENTE 1
Cantos anos tes?
XOVEN
Vintecatro
CLIENTE 3
Quen os pillase!
CLIENTE 1
Imaxinades… volver ter os vinte anos?
CLIENTE 4
Pero sabendo o que sabemos.
CLIENTE 2
Tes razón, eh? Porque a verdade… ser xoven non é nada fácil…
CLIENTE 1
Ás veces cres que todo o teu é malo e que o de fóra sempre é mellor.
CLIENTE 3
Pero non te preocupes, porque hai un momento no que te darás conta de que non é así.
CLIENTE 1
Que non hai tempos mellores que os teus…
CLIENTE 2
E que non hai nada como estar rodeado de boa compañía.
CLIENTE 3
Neno: sodes conscientes de todo o que valedes?
CLIENTE 2
E está ben que queirades axudar o planeta,
Pero empezade axudando na casa.
CLIENTE 1
E arriba ese ánimo, que hai que dar exemplo.
Algún día ti serás o avó do que contarán anécdotas.
Sentíndose orgullosos.
CLIENTE 3
Algún día ti serás un catedrático desa auténtica universidade da vida que é a nosa terra.
CLIENTE 2
Que ás veces ensina cousas que che parecen normais, pero hai que sabelas.
CLIENTE 1
Como comer o marisco, que non é tan fácil. E ben que sabemos.
CLIENTE 2
E cando está subindo ou baixando…
XOVEN
A bolsa?
CLIENTE
A marea!
CLIENTE 3
E ter resposta para todo.
NENO
Canto vive un pulpo?
AVÓ
O que o deixen.
CLIENTE 3
E outras veces ensina materias importantes e obrigatorias.
CLIENTE 1
Como a prudencia, que para nós sempre é a nai da ciencia.
CLIENTE 2
E a nosa relación coa verdade.
Aos galegos gústannos as cousas de verdade. Por iso somos contundentes á hora de afirmala.
PERRUQUEIRO
Aí falaches!
CLIENTE 2
E prudentes se non o temos claro. Porque non é coma hoxe, que andan todos: "me gusta”, “no me gusta".
Os galegos necesitamos un Q.Q.Q.CH.D.
XOVEN
Un que?
CLIENTE 2
Un “Que queres que che diga”.
CLIENTE 3
Pois a min gustaríame ter a tódolos xóvenes xuntos e poder recordarlles que antes ou despois terán que afrontar un feito.
O mundo depende dos nosos soños.
E ás veces, para cumprilos, non importa a idade que teñas, é necesario volver comezar, volver nacer.
Soñar sempre será a materia máis importante.
Se queremos que pase algo, temos que soñalo.
Se queremos que pasen cousas novas, soñemos cousas novas.
Porque nesta terra soñar é obrigatorio.
Así que soñemos… soñemos… Soñemos como Galegos!!!
CLIENTE 2
Sempre para adiante, que o estades facendo ben.
CLIENTE 1
Recorda: se hai que volver nacer, nácese.
MOZO
E así foi como descubrín que para conseguir os nosos soños, os galegos, dalgún xeito, nacemos as veces que faga falta.
Así que xa sabedes; agora abride ben os ollos, acostumádevos á luz e disfrutemos do máis marabilloso que temos: a vida.
Vivamos como galegos
Para cumprir os nosos soños, ás veces é necesario volver nacer e os galegos nacemos.... as veces que faga falta.
e se hai que volver nacer, nácese.
Soñemos como galegos!