Terry Eagleton (Salford, 1943) traballa actualmente coma catedrático de literatura inglesa na Universidade de Lancaster e coma profesor visitante na Universidade Nacional de Irlanda, en Galway. Anteriormente ocupou a cátedra Thomas Warton de literatura inglesa na Universidade de Oxford (1992-2001) e a John Edward Taylor na Universidade de Manchester ata 2008. No outono de 2009 retornou á Universidade de Notre Dame como profesor visitante distinguido no departamento de inglés. O profesor Eagleton leva escritos máis de corenta libros, incluíndo os famosos: Literary Theory: An Introduction (1983), The Ideology of the Aesthetic (1990), and The Illusions of Postmodernism (1996), Holy Terror (2005), Trouble with Strangers. A Study of Ethics (2009), Why Marx Was Right (2011). Esta entrevista foi realizada o 22 de abril do 2014, no marco da Semana Galega da Filosofía de Pontevedra, onde Terry Eagleton era un dos relatores, as súas respostas ainda teñén vixencia a pesar do tempo transcurrido.