Рет қаралды 23
O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, comeza o 2025 poñendo o foco no Ano Castelao, cando se cumpre o 75º aniversario do seu pasamento. Castelao grafista -que trae ao presente o proxecto expositivo e editorial do mesmo nome levado a cabo en 2017- reúne obras e documentación sobre o seu traballo gráfico, con especial atención ás primeiras edicións dos seus libros, a exemplos clave como a Revista Nós ou a serie Cousas da vida, e ao seu compromiso político. A mostra funciona tamén como pano de fondo para unhas xornadas arredor da súa figura, coordinadas por Ramón Rozas, co obxectivo de facer balance da obra e pensamento de Castelao, 75 anos despois daquel mes de xaneiro de 1950.
INFO en www.marcovigo....
XORNADAS ARREDOR DE CASTELAO
Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Coordina: Ramón Rozas
Martes 14, xoves 23 e martes 28 xaneiro, 2025
MARCO, sala Galería A3, planta baixa
ENTRADA LIBRE ata completar capacidade
#anocastelao #anocastelao2025
PROGRAMA
Martes 14 xaneiro ás 19.30
Pilar García Negro e Carlos L. Bernárdez
Xoves 23 xaneiro ás 19.30
Ana Acuña e Kiko da Silva
Martes 28 xaneiro ás 19.30
Montse Fajardo e Ángeles Tilve