No video

Alalá nº 93 "Danzas de Reis de Ríofrío"- TVG

  Рет қаралды 4,798

Alalá TVG

Alalá TVG

Күн бұрын

ALALÁ Nº 93 - RANCHO DE REIS DE RIOFRÍO-
DATA DE EMISIÓN TVG: 05/01/09
Para esta noite na que todos estarán colocando os zapatos para que os Reis non esquezan facer unha paradiña e deixar algún agasallo, en Alalá chegaron os de Oriente un pouco antes de tempo. A proposta para esta noite é achegarse ata Riofrío, en Mondariz e vivir case coma antano os seus Ranchos de Reis. ¿E que son os Ranchos de Reis? Pois nada menos que unha marabillosa danza que se mantén viva desde nin se sabe cando e que se transmite de xeración en xeración. Neste lugar a tradición son os pasos de castañolas, de paus e de arcos e tódolos anos, o día da Epifanía, e dicir, o día 6 de xaneiro pola mañán, os danzantes bailan na honra da Virxe do Leite.
Todo comeza na Igrexa: primeiro cantan o canto de Reis e despois comezan a bailar diante da Virxe… e, sen darlle as costas, sácana en procesión sen deixar de bailar ¡Hai que velo para crelo!
No programa desta noite saberemos do traballo que todos os veciños de Riofrío fan durante todo o ano para que neste día todo se faga á perfección.
Coñeceremos a familias, como a dos Vilas, que levan mais de cen anos pateando co Rancho. Agora é Delfín o gaiteiro do Rancho pero polo ano 1915 estaba seu avó José e ó morrer quedou o neto no sitio.
Na actualidade bailan os mozos da aldea, pero xa hai unha futura canteira de danzantes que agardan inquedos o momento do relevo. O amor a esta tradición é algo que os habitantes de aquí levan no corazón e así o transmiten de pais a fillos.
Tamén coñeceremos algunha tradición que se perdeu como a de ir polas portas “ a cantar os Reis” e que agora están intentando recuperar. Aquela historia de chamar ás portas, ofrecer o canto e o baile e pedir a cambio algo para recuperar forzas: pan, viño, chourizos…. Todo é benvido para seguir percorrendo casas.
Xa non imos desvelar nada mais, a nós os veciños fixeronnos unha demostración do que vai acontecer mañán arredor das doce e media da mañán e, se queren están a tempo de achegarse ata alí e comprobar esta antiquísima tradición, chea de cariño e ilusión.

Пікірлер
Alalá nº 94 "José de Gregorio"- TVG
30:07
Alalá TVG
Рет қаралды 8 М.
Rancho de Reis de Riofrio-Mondariz- 2015
1:31
Álvaro M Leiro
Рет қаралды 722
Joker can't swim!#joker #shorts
00:46
Untitled Joker
Рет қаралды 40 МЛН
Nurse's Mission: Bringing Joy to Young Lives #shorts
00:17
Fabiosa Stories
Рет қаралды 3,3 МЛН
Al Pacino Teaches the Tango (Full Scene)| Scent of a Woman
6:34
Popcorn Picks
Рет қаралды 2,6 МЛН
Dave Allen - religious jokes
13:20
DutchPastaGuy
Рет қаралды 6 МЛН
Danzas brancas de Mouriscados, 2024. Resumo.
7:50
Xulio Alberto Gaiteiro
Рет қаралды 158
OS CACHARREIROS DE NIÑODAGUIA: A TERRA NAS MANS
1:18:48
Alalá TVG
Рет қаралды 1,8 М.
MACARENA RAMÍREZ. Festival flamenco de León.
23:27
CORTINAS NEGRAS
Рет қаралды 3,4 МЛН
TREIXADURA intepreta "O CARRO"
4:17
Alalá TVG
Рет қаралды 21 М.
Menuda Noche 2014/15: Ainoa cara a cara con Juan Imedio
15:40
Menuda Noche
Рет қаралды 1,8 МЛН
Alalá nº 131 "Especial Reis (II)" - TVG
39:37
Alalá TVG
Рет қаралды 1 М.
OS RODAMÚSICOS no Miradoiro de San Cibrán de Guláns
3:33
bertocostas
Рет қаралды 313