Рет қаралды 9,354
Canción sobre o Nadal para o alumnado de infantil e primaria.
Se baixo unha costa nun monopatín,
se monto na nora e vexo todo desde alí.
Se xogando ao fútbol marco un gol por fin
póñome moi alterado, pero nunca tanto como cando...
Agardo na cama os regalos de Nadal,
non podo durmir co corazón a latexar,
pensando se me portei ben, mal ou regular
paso a noite moi nervioso agardando os regalos de Nadal.
Se salto á piscina desde o trampolín,
se xogo ao escondite e xa están preto de min,
se estou coa persoa que me chista a min
póñome moi alterado, pero nunca tanto como cando...
Agardo na cama os regalos de Nadal,
non podo durmir co corazón a latexar,
pensando se me portei ben, mal ou regular
paso a noite moi nervioso agardando os regalos...
Agardo na cama os regalos de Nadal,
non podo durmir co corazón a latexar,
pensando se me portei ben, mal ou regular
paso a noite moi nervioso agardando os regalos de Nadal.