Hai un erro de transcrición, non é "po la vida", senón "pola vila", isto é "por la villa" en castelao, que se pode escuitar afinando un chisquín o oido. Este termo utilizado no occidente asturián, e en de alguis lugares do occidente de Lugo fai alusión a unha xuntanza na que se contaban as noticias que se traían da vila, da poboación importante, centro de actividai económica da zona. "Pola vila cóntase tal ou cual cousa...". É sinónimo, como este tesouro de parella dí, de filandón ou fiandón como se diría no Bierzo.