Parabéns a Cántigas da Terra pola interpretación tan boa da Foliada da Coruña Non che veño de mallare anque che veño do xeito Non che veño de mallare veño de tender as redes aló no medio do mare aló no medio do mare ailalelo ailalala Vai tropezar nos penedos o que navega de noite vai tropezar nos penedos pero eu que ando polo día tropezo nos teus enredos tropezo nos teus enredos ailalelo ailalala Teño sardiñas no mare teño lancha, teño redes teño sardiñas no mare teño unha moza bonita xa non quero traballare xa non quero traballare ailalelo ailalala Anda que desaparece o mar anda que desanda anda que desaparece quen ten amores non dorme quen non os ten adormece quen non os ten adormece ailalelo ailalala