No video

Alalá nº 175 "San Blas de Bembrive" - TVG

  Рет қаралды 20,212

Alalá TVG

Alalá TVG

Күн бұрын

Alalá nº 175 "San Blas de Bembrive" - TVG
Emisión en Televisión de Galicia: 02/03/11
Web de Alalá: alala.crtvg.es
A festa do San Brais en Bembrive é unha manifestación colectiva excepcional e peculiar no contexto das festas galegas.Nun marco rural singular(é entidade menor local) pero limítrofe coa gran urbe galega(pertence ó concello de Vigo) mantén unhas sinais de identidade que mesturan dun xeito sorprendente ruralidade con urbanidade e relixiosidade con manifestacións laicas.Nel toman parte e participa a xuventude xunto con xente adulta e de idade avanzada.Relixión,gastronomía e música son o triángulo que pecha uns días de festa movidos e intensos que teñen o seu preludio e o seu epílogo en outras festas menores espalladas pola zona .A gran parroquia viguesa consegue nesta festa xuntar todo tipo de vontades e todo tipo de xente polo que a festa non se limita a unha zona senón que se mete literalmente dentro de cada familia, dentro de cada casa e dentro de cada un dos que se apuntan.A pesares de que a festa segue o calendario romano nun 3 de febreiro, o poder de convocatoria é absolutamente abraiante, miles de persoas de todas as idades (quizais menos nenos polo tema da escola),se dan cita anualmente nos actos gastronómicos(o cocido é o centro),musicais e relixiosos que como unha trinidade non se poden concibir por separado.Os estreitos camiños da parroquia quedan convertidos nestes días nunha sorte de magna romaría na que xunto cós furanchose á igrexa se transforman en escenarios imprescindibles para todos.
As peñas que nun principio eran só de homes(de feito nun principio chamábase A FESTA DOS HOMES) bebían da cidade,pois eran traballadores tamén homes do naval,do metal e da industria da automoción os que animaban coas peñas o día e a noite, nos últimos anos as mulleres tamén se suman en pé de igualdade á festa e as peñas teñen xa unha orixe máis diversa.Deste xeito se asistimos o San Brais de Bembrive comprobaremos curiosamente a vitalidade da cidade olívica na súa vertente rural que o paso do tempo e os cambios sociais non son quen de suavizar,aí está a súa grandeza.A música tradicional e popular na súa faciana máis desenfadada é parte imprescindible dos días de festa, gaitas, acordeóns ,percusións, instrumentos caseiros, inventados e a voz das cancións populares ou inventadas son o aroma constante dos camiños e furanchosque durante varias semanas dan unha vida especial á parroquia de Bembrive ,Beade,Valadares ou Lavadores, pero tamén e por extensión a todo o municipio. As connotacións de tipo social económico e ata político non son tema menor nesta gran manifestación popular,ningún mandatario vigués que se precie deixa de acompañar ó santo o citado día na procesión.Será porque os políticos aprecian a quen lle pode manter con saúde á súa gorxa?.
Xaime Estévez. Xaneiro 2011.

Пікірлер: 1
@lucasdasilva2359
@lucasdasilva2359 3 жыл бұрын
Que morriña ao ver este espectáculo .
Alalá nº 61 "A Taberna do Lourenzo"
34:00
Alalá TVG
Рет қаралды 9 М.
Alalá nº 135  "Carlos do Viso"
36:32
Alalá TVG
Рет қаралды 6 М.
WILL IT BURST?
00:31
Natan por Aí
Рет қаралды 26 МЛН
Kind Waiter's Gesture to Homeless Boy #shorts
00:32
I migliori trucchetti di Fabiosa
Рет қаралды 15 МЛН
Oh No! My Doll Fell In The Dirt🤧💩
00:17
ToolTastic
Рет қаралды 6 МЛН
SPILLED CHOCKY MILK PRANK ON BROTHER 😂 #shorts
00:12
Savage Vlogs
Рет қаралды 49 МЛН
Pirating Turkmenistan TV
1:22:11
Peter Fairlie
Рет қаралды 65 М.
Muiñeira e Jota de Lagartóns - TEQUEXETÉLDERE
4:47
Tequexetéldere
Рет қаралды 11 М.
San Blas - Bembrive, Vigo - 2023
9:21
Juan F
Рет қаралды 1,6 М.
Alalá nº 23 "Maruxa das Cortellas" - TVG
29:47
Alalá TVG
Рет қаралды 16 М.
Dave Allen - religious jokes
13:20
DutchPastaGuy
Рет қаралды 6 МЛН
Alalá nº 176 "Xoaquín Míguez (O Xocas)" - TVG
43:53
Alalá TVG
Рет қаралды 8 М.
WILL IT BURST?
00:31
Natan por Aí
Рет қаралды 26 МЛН