Рет қаралды 56
O proxecto CLIMILLAT, financiado con cargo o programa de subvencións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Red de Parques Nacionales, recolle un estudo con datos cuantitativos sobre a realidade do cambio climático recente no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e a súa área de influencia.
A Fundación Matrix levará no mes de outubro de 2021 aos colexios e institutos (alumnos de Bacharelato) das áreas de Bueu, Ribeira, Vigo e Vilagarcía de Arousa os resultados deste proxecto.
A iniciativa busca que os mozos e mozas sexan conscientes da realidade do cambio climático dende unha perspectiva local, e fomentar a promoción de comportamentos sostibles que reduzcan as emisións de CO2 e coiden do medio ambiente.