Рет қаралды 28
Visitamos "Ourense no tempo", exposición na que a Fundación Otero Pedrayo particiou enviando información e obxectos de don Ramón 🥰
A verdade é que é unha exposición moi completa e moi interesante dende todos os puntos de vista ☺️
A nós, por suposto, gustounos especialmente a planta baixa, onde se atopan os grandes intelectuais ourensáns como Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xocas, Carlos Casares... No vídeo deixámosvos unha pequena mostra 😉
A exposición pódese visitar na sala de exposicións Afundación de Ourense, na praza Maior, ata o 11 de maio de 2024.
Non vola perdades! A entrada é de balde.