PARDAIS CONTRA FALCONS

  Рет қаралды 54

Pachaneme

Pachaneme

Күн бұрын

PARDAIS CONTRA FALCONS
A revolución irmandíña do século XV é un dos acontecementos políticos máis importantes da historia de Galicia e, probablemente, o máis belo de todos. Por primeira vez, na península ibérica, todos os estamentos sociais únense contra a nobreza, derrótana e se autogobiernan durante dous anos. Sábese que gobernaron ben, que as xentes podían circular con tranquilidade, sen medo a ser asaltados polos malfeitores feudais. Aos dous anos foron derrotados pola reacción señorial: A nobreza galega derrotada conseguiu o apoio dos seus pares, en Portugal e en Castela e desde alí contraatacaron.
O nome de Irmandiños é unha creación de finais do s.XIX ou principios do s.XX e fíxose moi popular. No s.XV o seu nome era Santa Irmandade, título outorgado por Enrique lV, rei de Castela, que os apoiou. Buscaron amparo no rei fronte aos abusos nobiliarios. Coa súa loita deron un golpe fortísimo ao feudalismo e alumaron a Idade Moderna.
Na Lanzada estivo o último foco de resistencia dos que loitaban polas liberdades cidadás. Oxalá Galicia recoñeza, como se merecen, a eses heroes da liberdade!.
Pardais contra falcóns
Cando á A Lanzada te achegas
ves unha hermida e as ruinas
dun Castelo que nos lembra
unha xesta alí vivida.
Sesenta e nove era o ano
século, o décimo quinto,
cando a morrer batallaban
nobreza e pobo insubmiso.
Moitos dos nobres daquela
foron persoeiros terribles
que mallaban no seu pobo
cunha morea de crimes.
Xuntados en irmandades
foi entón cando os pardais
botaron os falcóns arreo
dos seus niñeiros feudais.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Os artesáns e labregos,
os cregos e comerciantes,
domearon por dous anos
terras, mares e cidades.
Fixeron ben a xustiza
formaron un bo goberno
chegou a paz a Galiza
nunca houbera mellor tempo.
Pois malia seren vencidos
pola nobreza expulsada
non puideron eses nobres
desface-la obra acadada.
Os derradeiros rebeldes
foronse ata A Lanzada
a combatiren a eito
e sen rendérense á xentalla.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Foi Xoan García da Barca
con Xoan García Chichontes
e máis outros irmandiños
de descoñecidos nomes.
Quedaron sete, ou oito, alí
contra máis e máis guerreiros
por terra e mar, con bombardas
mais non puidendo vencelos.
E varios días pasaron
que á traizón precederon
pois un dos que estaban dentro
vendeuse ó bando perverso.
Cometeu os homicidios
Pedro Madruga, home moi cruel,
Sexa o seu nome execrado
mentres lembranza haxa del.
RETROUSO
Santa Irmandade chamada,
Tola Irmandade vexada,
por inimigos feudais
ó ver o levantamento.
Dámoslle o noso agarimo
so o alcume de Irmandiños.

Пікірлер
A TERCEIRA PÓLA. Un recanto de fala galega en Estremadura 1/2
14:18
rubenpardinhas
Рет қаралды 25 М.
My Daughter's Dumplings Are Filled With Coins #funny #cute #comedy
00:18
Funny daughter's daily life
Рет қаралды 36 МЛН
兔子姐姐最终逃走了吗?#小丑#兔子警官#家庭
00:58
小蚂蚁和小宇宙
Рет қаралды 10 МЛН
Миллионер | 2 - серия
16:04
Million Show
Рет қаралды 1,7 МЛН
ROSÉ & Bruno Mars - APT. (Official Music Video)
02:54
ROSÉ
Рет қаралды 131 МЛН
Living in Istanbul as a Student
11:57
Ayşenur Bozkurt
Рет қаралды 5
Что не так с Нобелевской премией по экономике?
45:02
НО.Медиа из России
Рет қаралды 39 М.
COCINÉ 200 AÑOS DE TORTILLA DE PATATAS
27:11
Basquecraft
Рет қаралды 186 М.
Wing Foil Session par Rob
5:28
Natural Advent Wing Foil
Рет қаралды 356
Boney M. - Rasputin (Sopot Festival 1979)
4:30
Boney M.
Рет қаралды 606 МЛН
5 Pieces by Hans Zimmer \\ Iconic Soundtracks \\ Relaxing Piano [20min]
20:28
Na Coruña, en galego?
10:49
Nós Televisión
Рет қаралды 14 М.
Can all Spanish speakers understand each other? - Intermediate Spanish
36:28
Dreaming Spanish
Рет қаралды 1,3 МЛН
Presentación da Televisión de Galicia
8:27
Televisión de Galicia
Рет қаралды 93 М.
My Daughter's Dumplings Are Filled With Coins #funny #cute #comedy
00:18
Funny daughter's daily life
Рет қаралды 36 МЛН