Рет қаралды 301
O día 18 deste mes de decembro a filósofa Martha Nussbaum será nomeada Doutora Honoris Causa por esta universidade. Ese mesmo día, ás 17:00 h, a profesora Nussbaum estará no Salón de Actos da Facultade de Filosofía acompañada polos profesores da USC Xavier de Donato, Óscar Horta, Laura Lojo Rodríguez, Pedro López-Barja, Jesús Ángel Sánchez García e da Universidade do Porto o profesor José Francisco Meirinhos; para manter unha interesante conversa.